A idea de crear un grupo que cantase en galego levábame rondando pola cabeza dende facía xa un tempo, así que logo de varios proxectos anteriores, e nunha época de sequía musical que durou un par de anos, botei a manta ó lombo a mediados do ano 2.006 e empecei a moldear o que sería Traboute.
Con un só tema composto (Inapelable), a primeiros do 2.007 empecei a buscar músicos para completar a formación e en maio do 2.007 entra Carlos no grupo ocupando o posto de batería. Nas mesmas datas entra Kaine á voz, e en xullo do 2.007 metémonos nos Estudios Treboada da Coruña para gravar o tema "Inapelable" e así atopar o resto de músicos que faltaban.
En decembro dese mesmo ano, Marcos Pérez pasa a ocupar o posto de baixista, e con 9 temas compostos, o próximo paso era entrar de novo ó estudio para gravar o que sería o primeiro disco do grupo, "Zuna".
Repetimos de novo nos Estudios Treboada da Coruña. A gravación realizouse entre marzo e setembro do 2.008, en aproximadamente 5 días.
Repetimos de novo nos Estudios Treboada da Coruña. A gravación realizouse entre marzo e setembro do 2.008, en aproximadamente 5 días.
O disco, totalmente autoeditado e autofinanciado, saíu en outubro dese mesmo ano, e recibíu moi boas críticas por parte dos medios, chegando a ser puntuado cun 8,5 sobre 10.
A finais de ano, Tomé pasa a formar parte do grupo como guitarrista.
Logo duns cantos concertos e un par de cambios na formación (Abel Collazo sustitúe a Carlos na batería (12/2009), Kaine deixa o grupo (07/2010) e David Tomé tamén deixa o grupo (02/2011), o 31 de outubro do 2011 Traboute disólvese.
Ramón Sánchez (31/10/2011)